Lyrics

Paseniño, paseniño Vou pola tarde calada De Bastabales camiño. Paseniño, paseniño, Camiño do meu contento; I en tanto o sol non se esconde Nunha pedriña me sento. E sentada estou mirando Como a lua vai saíndo, Como o sol se vai deitando. Cal se deita, cal se esconde Mentras tanto corre a lua Sin saberse para donde. Para donde vai tan soia Sin que aos tristes que a miramos Nin nos fale nin nos oia. Que si oira e nos falara, Moitas cousas lle dixera, Moitas cousas lle contara. Paseniño, paseniño Vou pola tarde calada De Bastabales camiño. Paseniño, paseniño,
Writer(s): Rosalia De Castro, Amancio Prada Prada Lyrics powered by www.musixmatch.com
instagramSharePathic_arrow_out