Listen to Rebelarse á Conciencia by SES

Rebelarse á Conciencia

SES

Pop

Lyrics

Cen idades xa levo tentando Dar terra a carencias de amor Privación que silencio cantando Eu non sei até cando remolcar esta dor E promiscua busco ruín sustituto E prosaica gardo fé en bo final Unha fe que é o opio mas vácuo É mellor o tabaco, non me fai tanto mal Botarlle fume a vida E onde hai faros querer ver estrelas E tornar voluntaria a contaminación Inspirar saudade, expirar resistencia Rebelarme á conciencia e facer da doenza A rehabilitacion Coa canela sudo o tempo chorado E co cravo volto a desolacion E o frío e o calor mesturado Fan de min un tornado Que limita a razon O nudismo é o meu aliado Transparente levanme fusilar No paseo levo a testa ben alta Pagarei tres mil faltas Antes de claudicar Botarlle fume a vida E onde hai faros querer ver estrelas E tornar voluntaria a contaminación Inspirar saudade, expirar resistencia Rebelarme á conciencia e facer da doenza A rehabilitacion Rebelarme á conciencia e facer da doenza A rehabilitacion
Writer(s): Maria Jose Silvar Fernandez Lyrics powered by www.musixmatch.com
instagramSharePathic_arrow_out