Lyrics

Unha Noite Na Eira do Trigo Los Tamara Unha noite na eira do trigo Ó refrexo do branco luar Unha nena choraba sin trégolas Os desdés dun ingrato galán. I a coitada entre queixas decía: Xa no mundo non teño a ninguén, Vou morrer e non ven os meus ollos, Os olliños do meu doce ben. Os seus ecos de malencolía, Camiñaban nas alas do vento I o lamento repetía Vou morrer e non ven o meu ben. Lonxe dela de pé sobre a popa Dun aleve negreiro vapor Emigrando camiño de américa Vai o probe e infeliz amador. I ó mirar as xentís anduriñas Cara a terra que deixa cruzar Quen pudera dar volta pensaba Quen pudera convosco voar. Mais as aves e o buque fuxían, Sin ouir seus amargos lamentos, Solo os ventos repetían, Quen pudera convosco voar. Lairaraira ... Noites craras de aromas e lúa, Desde entón que tristeza en vós hai Pros que viron chorar unha nena, Pros que viron un barco marchar. Dun amor celestial verdadeiro, Quedou solo de bágoas a proba Unha cova nun outeiro I un cadavre no fondo do mar...
Lyrics powered by www.musixmatch.com
Get up to 2 months free of Apple Music
instagramSharePathic_arrow_out