Lyrics

Son OG Orixinal Galego Son OG Orixinal Galego Son máis galego que o feísmo Atrévome a dicir que ata máis que o caciquismo Non te achegues por aquí se non queres ver muralismo Porque son un OG, avant-garde dos que inventan ismos "OGismo", este tema é o manifesto Un emblema pra que poida seguir o resto Un sistema superchovinista, crema P'ra que untes nesa autoestima tan enferma Son máis galego que un cego de licor café Que ir a misa un domingo е ó saír ir a beber Máis galego quе o Xénese de DKTC Que o fondo azul cas gaivotas do PP OG como un patrón con boina e con bastón Que a túa avoa con gorro pesqueiro e mandilón Andando como Fraga con paso vacilón Se ves falando castrapo, os OGs din, "así non" Chegan os OGs, denominación de orixen Como a fariña do país, chegan os Big Pimps Coma patróns, facendo lowrider en chimpíns Matando peregríns con chanclas e calcetíns Orixinal galaicos, coma movendo os marcos Releando na feira, niso nunca fomos mancos Din que non se sabe se subimos ou baixamos Perfecto, como nos gusta facervos parvos Son máis galego que un polbo nunha palleira Que un polbo á feira sobre un prato de madeira Que unha bañeira nunha leira de bebedoiro Que ter morriña primeiro e logo xenreira Son tan galego que se subo, subo pa' arriba Se non hai fallo baixo abaixo máis ancho que un rancho A cooperativa OG non ten despacho, temos sede Sede de beber nalgún furancho OG Orixinal Galego Son OG Orixinal Galego Son un OG De Ordes a Santiago cheira a Dios ó que lle botas o piti Da iglesia ao gimnasio vou pensando en botarche un quiqui Se nos xuntamos pasan cousas que non pasan porque son un OG Un OG Calidade no sangue e na carne como a tenreira Os OGs están na taberna co licor de herbas Vella escola, botando esterco e pisando bosta Nova escola, crense gangstas e son de Santa Comba Orixinal galego como os guiris en Santiago Como ir limpar o monte ao teu terreo privado Rimando con frases célebres e memorables Como eme punto Rajoy no Congreso dos Diputados Máis galego que un somier exercendo de cancela OG, ti gasta pelas no Leroy Merlín Máis galego que a diglosia Esa mesma pola que te mereces con creces esta boa hostia Máis que un ultramarinos café-bar Ferretería confesionario no mesmo pack E máis, que o Miño que o Sil, que o Sar e que o Cabrón Máis que Murdock, Jamas, Cibrán, Chicho e o Mourón Máis galego que a Operación Nécora Máis que o mal de ollo, non me mires, mala pécora Typical galician como o lacón con grelos Colgados e afumados, recheos coma botelos Vai por ghocevellos, ti oes visións Máximo expoñente como o bocadillo de rixóns OGs como o Albariño, o Godello, o Ribeiro Pura sangue da filloa, son puro can de palleiro Orixinal, sen data de caducidade Dálle reprís, Sebastián, lárgalle bits sen piedade Os OGs rimamos inda que ninguén escoite Disque os vagalumes brillamos na noite Costumes, como facer dun galpón un casoplón En ben menos do que tarda en cantar un galo Só pura sorte? Estás equivocado Se a brúxula sinala o Norte será por algo Son OG (OG, OG, OG, OG, OG, OG) Orixinal Galego (OG, OG, OG, OG, OG, OG) Son OG (OG, OG, OG, OG, OG, OG) Orixinal Galego (OG, OG, OG, OG, OG, OG) Desde a N 5-5-0, Dios Ke Te Crew, Boyanka Kostava Estilo fino, Rodolfo, langostinos en Ordes, un sitio apasionante Gracias a todas, que guapas (OG, OG, OG)
Writer(s): Javier Garcia Lyrics powered by www.musixmatch.com
Get up to 2 months free of Apple Music
instagramSharePathic_arrow_out