Listen to Flor Esvelta (feat. Mark Turner, Joris Roelofs, David Virelles, Ben Street, Yumi Ito & Wilfried Wilde) by Iago Fernández

Flor Esvelta (feat. Mark Turner, Joris Roelofs, David Virelles, Ben Street, Yumi Ito & Wilfried Wilde)

Iago Fernández

Jazz

21 Shazams

Lyrics

Es unha flor esvelta Con pétalos multicor Deixa saír toda a dor Coma pole en aladelta Un cheiro intenso a menta No pétalo verde lima A mente quere máis rimas E ritmos que movan o talo Das follas mellor non falo Que che teño moita estima Ti es a flor máis feliz Onde pousan bolboretas Ao teu carón unha seta Non é máis que un matiz En tempos de emperatriz Admirabas a honestidade Pero eu coa miña idade Non souben ler ese aroma Ao asumir esa coma Volveume a identidade Volveume a identidade Es ti sempre esa flor Que alumea o meu olfato Tes un talento innato Cada pétalo dunha cor Sen ler a palabra amor A beleza sente paz Podendo ser tan fugaz Coma o pole feito mel Adoraría a miña pel Que eu fose máis audaz
Writer(s): Iago Fernandez Camano Lyrics powered by www.musixmatch.com
instagramSharePathic_arrow_out