Lyrics

No medio da noite nun barco vapor Camiño da Habana iba Mariló. Cheíña de frío; nada pra' comer, O pouco que tiña daballo a Xavier. -Come meu filliño hoxe que sí temos, Mañá e outro día teremos ou non. Nada pra' gañar, tanto por perder. -Señora María! Su marido? pues? -Soy madre soltera "venjo" de otras tierras Mi único hombre es m' hijo Xavier. Ela alí deixou as unllas na terra, Era unha muller! Era unha muller solteira. Era unha emigrante... Traballando arreo semanas enteiras, Xavier xa comía tres veces ao día. Cando polas noites el lle redactaba As súas cartiñas para mandarlle aos páis Desa outra terriña. Cos duros aforros mercou unha casa, Doulle estudo ao fillo e ainda lle sobraban Para mandar á terra que un día deixou. Aqui lle chamaban María a Cubana Alí lle decían Lola la Gallega. Era unha muller! Era unha emigrante... Os anos corrían, unhas novas xentes Unha nova fala, unha nova vida. Pasaba as tardes ca súa netiña: -Abuela Lolita de donde tú eres? Onde as ondas bailan e paxáros cantan. Querida netiña vaite a esa terra
Writer(s): Millet Alba Alexandre Lyrics powered by www.musixmatch.com
instagramSharePathic_arrow_out